Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Equipo

Vitoria

Amante da infancia e a natureza

Como amante da infancia realicei o Grao en Educación Infantil pola universidade de Vigo. Tras a miña experiencia nun centro convencional descubrín que se esa era a forma de traballo coa infancia, dende logo non era a miña vocación. 

Decidín valeirar a miña mochila e comezar un camiño de re-descubrimento e re-conexión con esa outra parte tan importante para min, a natureza.

Ese camiño foi todo luz, o descubrir que era posible, que se estaba facendo, que existen persoas marabillosas (comunmente chamadas locas del palo) desenvolvendo proxectos que vinculan a infancia e a natureza.

Comecei entón a investigar e formarme no modelo pedagóxico de Educación na Natureza a través da Federación Edna, así como pequenas formacións ofrecidas por proxectos xa con moita experiencia neste modelo (Amadahi e Nenea). Elas foron quenes regaron esta pequena semente que estaba a piques de xermolar.

Zoe

O noso compañeiro canino, fiel, amoroso e tolo das piñas. A súa labor é fundamental no día a día do proxecto, dándonos esa seguridade física e emocional que todas precisamos a través dunha conexión especial coas crianzas.

A %d blogueros les gusta esto: